Esta fin de semana toca facer traballar ao forno.
Queredes xogar conmigo? Se a resposta é si, adiante. Hoxe naceu unha peza nova, que imos bautizar cun nome. Axudádesme? Agora tocará contar unha pequena historia. Quen se anima? Mañá desvelareivos o nome que eu lle puxen e a miña historia. Como o prometido é débeda, aquí estou para desvelar o nome da peza …
Cando as cousas se torcen, non saen á primeira, nin á segunda. «Á terceira vai a vencida». Pero, neste caso tivo que ser á cuarta. O primeiro reloxo do Brais que fixen, partiu ao lixalo. «O meu gozo nun pozo». O segundo rebentou dentro do forno ao cocelo. «As présas non son boas para nada». …
Pezas en proceso que forman parte de novas historias por contar.