Queredes xogar conmigo? Se a resposta é si, adiante. Hoxe naceu unha peza nova, que imos bautizar cun nome. Axudádesme? Agora tocará contar unha pequena historia. Quen se anima? Mañá desvelareivos o nome que eu lle puxen e a miña historia. Como o prometido é débeda, aquí estou para desvelar o nome da peza …
Cando as cousas se torcen, non saen á primeira, nin á segunda. «Á terceira vai a vencida». Pero, neste caso tivo que ser á cuarta. O primeiro reloxo do Brais que fixen, partiu ao lixalo. «O meu gozo nun pozo». O segundo rebentou dentro do forno ao cocelo. «As présas non son boas para nada». …
Pezas en proceso que forman parte de novas historias por contar.
Esta historia comezou a amasarse aló polo ano 2011. Asistindo a un curso de marketing empecei a darlle ao miolo tentando facer unha peza de cerámica sinxela, coa que poder expresar a meirande cantidade de sentidos posibles. Buscando e buscando, non conseguía atopar cousa algunha que me convencese, até que este ano, aló polo mes …