Cando as cousas se torcen, non saen á primeira, nin á segunda. «Á terceira vai a vencida». Pero, neste caso tivo que ser á cuarta. O primeiro reloxo do Brais que fixen, partiu ao lixalo. «O meu gozo nun pozo». O segundo rebentou dentro do forno ao cocelo. «As présas non son boas para nada». …